sábado, 17 de outubro de 2009

Actividade das preseleccións galegas na súa fin de semana en Carballo e Laracha
14/10/2009
O pasado luns 12 de outubro, celebrouse en Carballo a V edición do Torneo das Festas do Pilar de Baloncesto. Organizado pola sección de baloncesto da AD Xiria e polo CB Artai, esta actividade contou coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, o Patronato Municipal de Deportes do Concello de Carballo e o Concello de A Laracha. Ademais, rexistrou o patrocinio da tenda Deportes D-3, AVITEGA, a Comisión das Festas do Pilar, LEYMA, Caixanova e Deportes San Remo.
A quinta edición desta competición volveu a contar co presenza das preseleccións galegas, neste caso a infantil e a cadete masculina o que converteu á comarca de Bergantiños no centro galego do baloncesto de base. O día grande foi, sen lugar a dúbidas o luns día 12, con partidos nos dous pavillóns de Carballo. No pavillón Bergantiños levouse a cabo un torneo de base, nas categorías benxamín e alevín, con partidos durante todo o día e coa participación dos equipos carballeses de Xiria e de Artai, Básquet Coruña, ACB Costa da Morte e CB Cambre. Pola súa banda, no pavillón da Zona Escolar xogaron as dúas preselecións que están afinando a súa posta a punto para o Campionato de España que este ano se disputará en Zaragoza entre os días 6 e 10 de xaneiro.As preseleccións tiveron traballo extra nos catro partidos xogados en Carballo. Na xornada da mañá, os dous equipos de Básquet Coruña puxeron en moitos apuros aos equipos de Ángel Castro e de Javier Cotelo e nos dous casos a vitoria decidiuse na parte final dos encontros. Na sesión da tarde tocáballe a quenda aos equipos carballeses. No primeiro partido, a selección infantil venceu ao equipo de Artai por 82 a 70 tras unha prórroga. No segundo partido, a selección cadete gañou con autoridade (70 a 51), pero pasando certos apuros na primeira parte ante o EBX de categoría sénior.O acto de clausura contou coa presenza de máis de cincocentos afeccionados nas gradas, destacando todos os xogadores benxamíns e alevíns que encheron de cor e de ruído o pavillón. No acto estiveron presentes os alcaldes de Carballo e de A Laracha, Evencio Ferrero e José Manuel López, respectivamente, ademais do concelleiro de Deportes carballés, Marcos Trigo, xunto con Jose Manuel Villamarín, delegado coruñés da FGB, Mon Regueira, delegado da Costa da Morte da FGB e Tito Fernández, director deportivo da FGB.Pero ademais da xornada do domingo, as preseleccións infantil e cadete masculina estiveron concentradas todo o fin de semana nesta zona de Galicia. Os dous equipos estiveron aloxados o domingo no Hotel ABC de A Laracha, adestrando en dobre sesión no pavillón municipal do concello. A selección cadete, dirixida por Javier Cotelo, tamén aproveitou para xogar un partido amigable contra o equipo sénior do Club Baloncesto Laracha. Neste club militan grandes xogadores da comarca de Bergantiños, onde destacan Marcos Molk, Carlos Taibo ou Diego Calvo, entre outros, Nese partido venceron os laracheses nun partido moi disputado e moi intenso por 65 a 61.

www.fegaba.com

Arquivo

Gestor do Blog

Treinador de Basquetebol